
Festival de Cine Inclusivo de Vigo
Detalles do eventos
17:00 h SHORT-IN DOC Carne Brasil – España / 2019 / 12’ / VOSE Dirección: Camila Kater
Detalles do eventos
17:00 h SHORT-IN DOC
Carne
Brasil – España / 2019 / 12’ / VOSE
Dirección: Camila Kater
Crúa, pouco feita, ao punto, feita e moi feita. A través de relatos íntimos e persoais, cinco mulleres comparten as súas experiencias en relación co corpo, desde a infancia ata a terceira idade.
Un viaje inesperado
España / 2019 / 20’
Dirección: Maria Guerra
No mundo occidental a chegada dun fillo é, en practicamente calquera contexto, unha boa nova. Alegría, ilusión, plans de futuro. Pero… que pasa cando o fillo que chega non é o que pensabamos? Que pasa cando non é o bebé perfecto e san que esperabamos? Que pasa se non é “normal”?
Woman
Mozambique / 2020 / 20’ / VOSE
Dirección: Raúl de la Fuente Calle
En Mozambique, o caso de Josina Machel, filla do primeiro presidente, demostra que a violencia de xénero non distingue entre estratos sociais. Outras mulleres sofren o terror a diario, sen medios para defenderse. O xénero defíneas desde o nacemento; a sociedade quéreas dobregar; o machismo as mata.
Paraíso
España / 2020 / 20’
Dirección: Mateo Cabeza
Ahmed, Taha e a intimidade entre un pai e un fillo que sobreviven no interior da habitación dun hospital infantil. O director Mateo Cabeza mostra o seu forte compromiso co cinema directo de investigación artística de carácter antropolóxico e vivencial.
Otra forma de caminar
España / 2020 / 21’
Dirección: Laura Torrijos-Bescós
Vivimos nunha sociedade inclusiva? A integración da discapacidade non é un problema persoal: é un problema social. Seguindo ao noso protagonista, que sempre di que «hai que tratar con naturalidade calquera tipo de discapacidade», expomos algunhas preguntas e tentamos atopar respostas.
El monstruo invisible
España / 2020 / 35’ / VOSE
Dirección: Javier e Guillermo Fesser
O pai de Aminodin sempre sorrí porque di que “as persoas alegres viven máis”. Por iso, aos seus oito anos, Aminodin pon o seu mellor sorriso mentres traballa no vertedoiro de Papandayan, onde vive coa súa familia. O seu curmán Aliman, en cambio, perdeu a súa cando na cidade de Marawi empezaron a caer bombas do ceo. Agora, mentres Aliman pasa os días triste e apesarado nun campo de refuxiados, Aminodin idea un plan para que volva sorrir.
20:30h SECCIÓN OFICIAL DE FICCIÓN
Cuerdas
España / 2019 / 87’
Dirección: José Luis Montesinos
Mércores 14 de outubro. 20h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Un desgraciado accidente deixa incomunicada a Elena, unha moza en cadeira de rodas, nunha masía no campo. Alí só ten a Athos, un can especialmente adestrado para axudala. Pero o que debería ser o seu mellor amigo, contraeu unha estraña enfermidade e converteuse no seu peor inimigo.
Potente híbrido entre thriller e terror que lle serviu para ser escollida como Mellor Película no Festival de Cerdanya.

Máis
Hora
14 outubro, 2020 17:00 - 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes