BANNER CANS
BANNER GALAXIA

20mai(mai 20)10:0024(mai 24)23:59Festival de CansFESTIVAIS E FEIRAS | Varios prezos10:00 - 23:59 (24)(GMT+02:00) Cans

Detalles do eventos

Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante. Durante o festival, a aldea transfórmase completamente. Diferentes espazos se converten en salas de proxección, adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.

Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e actividades paralelas. E a xente trasládase frenéticamente dun lado a outro en chimpín -os pequenos tractores domésticos- como se estivesen vivindo nun filme de Kusturica.

A broma foi converténdose nun gran punto de cita de público e profesionais. Ademais do festival de curtas hai estreas de filmes e documentais, coloquios con cineastas, roteiros sonoros e un feixe de actividades que se reparten entre a aldea e o núcleo urbano de O Porriño. Durante uns días, Cans convértese nun espazo no que se produce un terremoto cultural. Fronte á sofisticación e o glamour da Costa Azul, o noso festival ofrece altas doses de autenticidade e diversión no medio das leiras. É o que se chama Agroglamour, a esencia que define ao evento.

Preme aquí para consultar cinco actividades imprescindibles do festival

Preme aquí para consultar a programación musical

PREME AQUÍ PARA CONSULTAR TODA A PROGRAMACIÓN

ENTRADAS

Máis

Hora

20 maio, 2025 10:00 - 24 maio, 2025 23:59(GMT+02:00)

Localización

Cans

Cans 36418 Pontevedra

Other Events