
18mai(mai 18)10:0021(mai 21)23:59Festival de CansFESTIVAIS E FEIRAS | -10:00 - 23:59 (21) Cans
Detalles do eventos
Unha gran sección oficial, con múltiples actividades paralelas para todos os públicos, a presenza de destacados cineastas e intérpretes, música, libros e coloquios son os eixes que sustentan
Festival de Cans
Unha gran sección oficial, con múltiples actividades paralelas para todos os públicos, a presenza de destacados cineastas e intérpretes, música, libros e coloquios son os eixes que sustentan esta proposta cultural e a programación do Festival de Cans este ano.
Durante 4 días, terán lugar preto de 40 actividades, dende proxeccións a roteiros, máis dunha vintena de concertos, exposicións ou coloquios.
Ademais das obras a concurso, o Festival de Cans estreará Sinais Furtivos, unha retrospectiva das pezas curtas da cineasta Margarita Ledo, que este ano recollerá o Premio Pedigree. Acompañarana na noite das homenaxes os chimpíns de prata Federico Pérez e Javier Tolentino, ademais dos veciños Alfonso González e Marisol Troncoso.
As longametraxes Malencolía, de Alfonso Zarauza, Valentina, de Chelo Loureiro, e Un Blues para Teherán, de Javier Tolentino, son outras das proxeccións que se realizarán fóra da sección oficial e que contarán coa presenza dos realizadores.


Máis

18 (Mércores) 10:00 - 21 (Sábado) 23:59
Cans
Cans 36418 Pontevedra