COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Festival Creativa: 'Bienvenido Mr. Banksy'

04mai19:00Festival Creativa: 'Bienvenido Mr. Banksy'FESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

SINOPSE de ‘Bienvenido Mr. Banksy’, de Carlos A. Quirós

A finais de agosto de 2017, o barrio de Canido en Ferrol, con Edu Hermida á cabeza, fixo un chamamento mundial en medios para que o máis mediático artista da arte urbano, Banksy, participase na cita do ano na pequena cidade: o festival Las Meninas de Canido. Esta película narra, na voz do impulsor do festival, os enigmáticos acontecementos sucedidos en Canido durante os catro anos posteriores ao evento.


Coa escusa de que o día 21 de abril é o Día internacional da Creatividade e o día 27 o Día Internacional do Deseño nace Creativa, un festival gratuíto impulsado pola revista Dot e a Galería Maraca que, co principal apoio de Cervezas Alhambra, unifica creatividade e cultura nun evento que pretende achegar a cultura a novos públicos, expandindo os seus límites, tanto espaciais como conceptuais.

Para estas dúas datas tan sinaladas volven as autodenominadas Charlas Maraca, isto é, pequenas exposicións de dez proxectos creativos en menos de sete minutos e coa axuda de 20 diapositivas.

Durante máis de dúas semanas, preto de 40 artistas, creativos, músicos, deseñadores e creadores en xeral pasarán por Vigo para compartir o seu traballo e reflexións a través de charlas, exposicións, concertos, talleres, mesas redondas e presentacións de libros en varios espazos da cidade: Galería Maraca, Museo MARCO, Espazo RioLagares e La Contenedora.

Arte, música, ilustración, deseño ou moda serán algúns dos protagonistas nestas dúas semanas cheas de experiencias ligadas á cultura e a creatividade, entendendo a cultura como motor de cambio e de transformación e tratando de expandila ao máximo, chegando a todo tipo de público en formatos alcanzables para todo o mundo e xerando un modelo de lecer actual e cultural, achegando por primeira vez a Vigo un tipo de evento xa asentado noutras grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Málaga.

Todas as actividades son de balde agás os obradoiros, para os que é preciso inscribirse premendo aquí.

Máis

Hora

4 maio, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events