bannerImaxinatea

setembro, 2020

Este é un evento repetitivo

11set21:30Festival Comediártiko: As fillas BravasESPECTÁCULOSS | Desde 10,00 €21:30 Sala Ártika

Máis

Detalles do eventos

SINOPSE: AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA – CHÉVERE

“As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para a sensibilización social sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular; e por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino.”

Hora:

  • Venres 11 de setembro ás 21:30h
  • Sábado 12 de setembro ás 21:30h
  • Domingo 13 de setembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 70 min

Hora

(Venres) 21:30

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X