
13set20:00Festival Comediártiko: As fillas BravasESPECTÁCULOSS | Desde 10,00 €20:00 Sala Ártika
Detalles do eventos
SINOPSE: AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA – CHÉVERE “As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello
Festival Comediártiko: As fillas Bravas
SINOPSE: AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA – CHÉVERE
“As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.
Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para a sensibilización social sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular; e por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino.”
Hora:
- Venres 11 de setembro ás 21:30h
- Sábado 12 de setembro ás 21:30h
- Domingo 13 de setembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 14€
Idades recomendada: + 12 anos
Duración: 70 min
Máis

(Domingo) 20:00
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra