
Detalles do eventos
O venres 26 de maio varias asociacións viguesas organiza a Festiña das Flores no barrio das Flores de Teis para xogar, bailar, rir e pasalo en grande. Ambiente
Festiña das flores
O venres 26 de maio varias asociacións viguesas organiza a Festiña das Flores no barrio das Flores de Teis para xogar, bailar, rir e pasalo en grande. Ambiente distendido e en comunidade cheo de actividades para todos os públicos baixo o lema “Barrios coidados e que nos coiden”. A organización anima a asistir con prendas floridas e flores e a que os veciños decoren os seus balcóns. De feito este mércores 24 realízase un taller de flores de 17:00 h a 19:00 h coas que depois se decorarán o barrio.
No parque do Barrio das Flores en Teis
Programa:
17:30 a 20:30h – Xogos e espazo infantil – Praza sen nome
17:30h – Orquestra Son das flores – CEIP Vicente Risco
17:45h – Pregón
18h – Bingo de barrio
19h – Pasarrúas – comeza no mercado de Teis
20h – Danzas do mundo
21h – Concerto de Chungo Pastel
Máis

(Venres) 17:30 - 21:30
Praza do Barrio das Flores
Rúa Hortensia, 7, 36207 Vigo, Pontevedra