bannerViveNigran

27mai17:3021:00Festiña das floresAS NOSAS FESTAS | De balde17:30 - 21:00 Praza do Barrio das Flores

Festiña das flores

O vindeiro venres 27 de maio terá lugar no barrio das Flores de Teis a segunda edición da Festiña das Flores. Esta xornada de troula organizada por varias entidades do barrio busca crear comunidade entre a veciñanza.
As actividades, adaptadas a todas as idades, comezarán ás 17:30 e alongaranse durante toda a tarde.

O programa da festiña é o seguinte:
17h30 – Orquestra Son das Flores, CEIP Vicente Risco
17h45 – Pregón
18h00 – Bingo de barrio con premios doados por comerciantes do barrio
18h45 – Pasarrúas
19h45 – Bingo de barrio
21h00 – Concerto de Alpendre Pop Rock.

Durante toda a tarde haberá diferentes obradoiros e postos: costura e estampación, reporteir@s das flores, xardín dos sentidos e espazo para a rapazada.
A festiña está organizada pola Asociación Provivienda, Asociación Xaruma, Roupeiro de Cáritas, CEIP Vicente Risco, Colegio San José de la Guía, Asociación Grandes Amigos, Escola de tempo libre Xaruma, Emaús fundación social e o comerciantes do barrio.

Máis

Hora

(Venres) 17:30 - 21:00

Localización

Praza do Barrio das Flores

Rúa Hortensia, 7, 36207 Vigo, Pontevedra

X