VIALIA
bannerPicnicSesions

Festa Histérika e Morada

24set12:0021:00Festa Histérika e MoradaFESTIVAIS E FEIRAS | Aportación voluntaria12:00 - 21:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A próxima temporada de Histérikas Histórikas vai facerse na Morada !

Histérikas Histórikas é o programa das histérikas do teu barrio. Nel procuramos achegarnos a temáticas de interese a través dunha perspectiva feminista sen perder o sentido do humor.

Presentado por @priscila.retamozo activista e politóloga especializada en estudos de xénero, acompañada de colaboradoras inigualables como Sara Piñeiro @sarapblanco e Lucía Salgueiro @lou.stripes. O fío condutor das temáticas é o enfoque feminista.

Esta terceira temporada A Morada únese para impulsar debates que poñan a igualdade no centro, un akelarre do que só queden fora os machirulos!

Para poder realizar este marabilloso programa na Morada, a cooperativa tivo que facer unha inversión moi potente no equipo de son. Grazas a este esforzo económico, tamén poderá acoller diferentes proxectos artísticos en mellores condicións.

Por iso precisan da vosa axuda ! Para que este investimento sexa sostible, fan un chamamento a todas as que credes neste proxecto conxunto: Celebrarán unha gran festa 𝐨 𝐬á𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟐𝟒 na Morada, na que todos os cartos serán destinados a financiar o equipo de son.

🗓️24 de setembro
🕜De 12:00 a 21:00
🎟️Aportación voluntaria
🥗Petiscos veganos de @outrocontovigo á venda

Máis

Hora

(Sábado) 12:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events