
Detalles do eventos
Travesía de Vigo, centro comercial xestionado por Carrefour Property, tras o éxito da pasada edición, volverá celebrar un entroido temático cunha nova acción inspirada na icónica película Grease,
Festa entroido en Centro Comercial Travesía de Vigo
Travesía de Vigo, centro comercial xestionado por Carrefour Property, tras o éxito da pasada edición, volverá celebrar un entroido temático cunha nova acción inspirada na icónica película Grease, en homenaxe á súa emblemática protagonista, Olivia Newton John.
O luns 20 de febreiro, en horario de 17:30 a 19:30 horas, a planta primeira do recinto comercial converterase nun gran espazo no que non faltará un Cadillac rosa, animadores e atrezo dos anos 60. A proposta está pensada para que participen os nosos clientes de todas as idades, que dispoñerán dun photocall para un concurso de disfraces de temática libre e sen necesidade de inscrición previa. Aqueles que consigan A foto máis votada en redes sociais levarán unha Nintendo Switch e un xogo Sports. Todo nun espazo pensado nas familias, onde ademais terá lugar unha festa infantil, con música, baile, globos e animadores.
Máis

(Luns) 17:30
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra