REVISTA ABRIL

Festa dos maios

15mai12:00Festa dos maiosAS NOSAS FESTAS | De balde12:00(GMT+02:00) Praza do Berbés

Detalles do eventos

O domingo, a Asociación do Casco Vello celebra o 40 aniversario da festa dramatizada dos Maios que se celebrará na praza do Berbés o sábado 14 e o domingo 15 (inicialmente ía celebrarse o 7 e 8 de maio).

As actividades comezan o sábado ás 21h coas actuacións de Son das ferriñas, Os ferreias da Etea e Ata o mandil Dolores. A programación continua o domingo desde as 12h coas Perseidas do Berbés e o Orfeón mariñeiro do Berbés e a partir das 17h estarán Millaxeira e Banda se gaitas do casco vello.

A representación, programada para ás seis da tarde contará co grupo de baile tradicional A Barroca e o Trebón do Berbés e culminará coa actuación do grupo Nin tan mal.

A tradicional festa dos Maios celébrase esta fin de semana no Casco Vello cunha xornada de actividades e música que culminará coa representación dramatizada dos Maios.  Este acto, creado pola asociación a comezos do 90, ten dous protagonistas: O inverno que será o primeiro en aparecer, acompañado dunha música lúgubre e imaxes que invocan o mal, como os machos cabríos ou os corvos; e a primavera que sairá despois nunha plataforma adornada con flores e acompañada por danzas tradicionais de cintas e arcos. Despois da disputa, na que o inverno resístese a marchar, a primavera acaba gañando e é, entón, cando entra en escena o cuco, cuxo canto anuncia a chegada do tempo cálido. A continuación, aparece o Maio, unha enorme construción floral armada polos propios veciños.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Praza do Berbés

Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events