Festa da Cultura – A Movida

xullo, 2018

13xul19:00Festa da CulturaFESTAS | De balde19:00 Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

Pasarrúas, bailes, concertos e moitas actuacións na Festa da Cultura de Vigo, que terá lugar os días 13 e 14 de xullo na Porta do Sol. Ademais de moitas agrupacións folclóricas, como é habitual nesta festa, teremos concertos doutros xéneros da man de Wöyza , Skandalo GZ, Cómplices, El Pelotón de los Torpes e Losto Kinsky.

O venres 13 as actuacións comezarás ás 19:00 coa agrupación folclórica Froles Novas, ás que seguirán SC Pardavila, Lumieiras, No Colo do Vento e Charamuscas. A partir das 21:00 cambiamos de estilo co concerto da mítica banda viguesa Cómplices, formada por Teo Cardalda e María Monsonis. Tras eles será a quenda de El Pelotón de los Torpes, cuarteto de rock and roll vigués, e Losto Kinsky, banda local de rock en galego versionando temas míticos de tódolos tempos.

O sábado vén aínda máis cargado, xa que as actuacións comezan as 11 da mañá coa asociación folclórica Andarela, primeira de moitas outras: A Buxaina, Vagalume, Corisco, Lembranzas Galegas, Queixumes, Asubío, O Fiadeiro e Traspés. Tamén haberá danza a cargo do grupo Monteira e dos grupos de baile moderno Flashdance e As Sereas. Para poñer o broche a estas dúas xornadas de festa chegará a polifacética Wöyza, artista de hip hop, R&B e soul que está en plena forma, e Skandalo GZ, banda de ska e punk con máis de 10 anos de traxectoria ás costas.

Hora

(Venres) 19:00

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X