Festa da cultura: 'Manuwa'
02out19:30Festa da cultura: 'Manuwa'ESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) AVCD de Cabral
Detalles do eventos
A primeira fin de semana de setembro tivo lugar a Festa da Cultura na Praza de Compostela. Unha vez máis foi organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e
Detalles do eventos
A primeira fin de semana de setembro tivo lugar a Festa da Cultura na Praza de Compostela. Unha vez máis foi organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais en colaboración co Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O evento foi un éxito e reuniu na rúa a varios grupos folclóricos da cidade, xunto con concertos e obras de teatro infantís. Ademais de contar cun concurso de grafitis para o que contaron coa colaboración de Pintunova e Maderas Meïtt. Para continuar coa festa, e coa intención de achegala a todas as parroquias da cidade olívica, este ano inclúe na súa programación un ciclo de teatro con seis actuacións que terán lugar ao longo de setembro e outubro en diferentes centros culturais. As obras abranguen todo tipo de xéneros e públicos que seguro que pasarán un bo anaco con compañías pequenas da cidade. A entrada é libre para tódalas obras, que sempre terán lugar ás 19:30h.
Esta é a súa programación completa:
Sábado 10 de setembro / S.C.D. Atlántida de Matamá – Retais teatrais en épocas virais (Compañía: Tarantela)
Domingo 18 de setembro / C.C.A.R. de Valladares – Y a usted, qué le sucede? (Compañía: Helios de Bembrive)
Sábado 24 de setembro / C.S.C.R. de Beade – O Avarento (Compañía: Rueiro)
Domingo 25 de setembro / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Dominó celeste ou, que vai ser de ti Ernesto? (Compañía: Escoitade)
Sábado 01 de outubro / S.C.D. Atlántida de Matamá – Microcomedias 2 (Compañía: Agarimo)
Domingo 02 de outubro / C.C.R. de Cabral – Munuwa (Compañía: Porta Aberta)
Máis
Hora
2 outubro, 2022 19:30(GMT+01:00)
Localización
AVCD de Cabral
Av. Sta. Mariña, 95, 36318 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes