REVISTA ABRIL

Fernando Barroso & Banda

08out21:00Fernando Barroso & BandaCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Este vindeiro sábado 8 de outubro ás 21h concerto de Fernando Barroso & Banda na Sala Rebullón.

Fernando Barroso é un músico e compositor ferrolán, que participou en numerosos proxectos dentro do panorama Folk / World-Music dende Galicia e Portugal. O seu repertorio orixinal está ligado á música popular galega e portuguesa, con influencias dispares, dende o jazz, a música clásica, brasileira ou persa. Neste caso, ‘XOGRAR’, o seu último disco, é un traballo que presenta en formato cuarteto, xunto aos músicos Alvaro Trillo (batería), Margarida Mariño (cello), e Xurxo Brea (baixo), nun concerto onde tamén realizará revisión do resto da discografía.

Sábado 8 ás 21:00

Entrada anticipada a 10€ e 12€ na billeteira.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events