
24mai21:00'Feel & Paint with wine'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde21:00 Taller Arterial
Detalles do eventos
‘Feel & Paint with wine’Un taller de Ceci Cánepa e Patricia Fornos. Xogo coas cores primarias e secundarias, dividindo a experiencia en tres partes:
'Feel & Paint with wine'
‘Feel & Paint with wine’
Un taller de Ceci Cánepa e Patricia Fornos.
Xogo coas cores primarias e secundarias, dividindo a experiencia en tres partes: Sensorial, emocional, experimentación.
Na parte sensorial recoñeceremos as 6 cores co olfacto, o tacto e o gusto a través de elementos afíns ao viño. Unha vez que experimentamos as sensacións das cores daremos un paso cara a como se forman, veremos formas fermosas na auga que se mesturan creando novas cores, falaremos sobre os sentimentos que nos evocan e faremos un percorrido cara ás emocións coa cor e como podemos crear tons/colorees que as expresen.
Xa sensibilizadas e emocionadas dispoñémonos a xogar, usaremos follas de vide, ramas, as mans, pinceis… O que nos apeteza para pintar con total liberdade en formato mural, riremos, compartiremos e brindaremos xuntas creando nun
evento único e moi especial como é esta ocasión.
O mércores 24 de maio de 19:00 a 21:00 horas no Taller Arterial.
Máis

(Mércores) 21:00
Taller Arterial
Rúa de Pi y Margall, 86, 36202 Vigo, Pontevedra