REVISTA ABRIL

Faladoiros 'A vida lenta' Óliver Laxe

14mai18:00Faladoiros 'A vida lenta' Óliver LaxeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

O recoñecido e premiado cineasta galego compartirá espazo co público de Afundación TV o venres 14 de maio ás 18.00 h. Este primeiro encontro enmárcase nas actividades desenvolvidas en torno á mostra «A vida lenta», coordinada por Aser Álvarez e que se pode visitar na Sede Afundación Vigo. O segundo faladoiro terá lugar o 26 de maio e contará coa presenza de Olga Novo e Xoana Almar.

Desde a mesma sala que acolle a exposición en Vigo, falará o recoñecido director de cinema. En 2019 fai historia ao converterse, canda Víctor Erice, no primeiro cineasta español seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras, e no único en ser premiado en todas as súas participacións. O que arde recibe o Premio do Xurado da sección oficial Un Certain Regard de Cannes, o Premio á Mellor Creación Sonora da sección e compite nos festivais internacionais máis importantes da tempada, como San Sebastián, Toronto, Tokio, Londres, Melbourne, Mar del Plata ou Nova York, gañando numerosos premios. O que arde é tamén candidata aos Premios Goya en catro categorías: Mellor Película, Mellor Director, Mellor Actriz Revelación e Mellor Fotografía, acadando estes dous últimos. Actualmente, Laxe está a traballar nun centro de desenvolvemento rural na aldea luguesa onde filmou O que arde, de onde é orixinaria a súa familia. O compromiso que manifesta co rural está a ser un auténtico empurrón para moitos proxectos dos Ancares, aos que deu visibilidade e apoio.

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!