REVISTA ABRIL

Faladoiro Centenario de María Casares

16nov19:00Faladoiro Centenario de María CasaresACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

O seu centenario é a oportunidade de crear un espazo e un tempo en Galicia para esta muller de vida extraordinaria, que percorre o mundo enriba dos escenarios.

Achegarse á súa vida é facelo á historia do século vinte: a II República española, a guerra do 36, o exilio, a II Guerra Mundial, os procesos de descolonización, a vibrante América Latina dos anos 60, a caída do Muro de Berlín. Na aventura vital de María Casares -filla do último xefe de goberno da II República, Santiago Casares Quiroga- o seu camiño cruzarase co doutras figuras fascinantes como Margarita Xirgu, Picasso, Jean Cocteau, Albert Camus, Jean-Paul Sartre, Agnès Varda, Jean Vilar ou Rafael Alberti. Escolle o teatro como a súa maneira de enfrontar a vida como refuxiada. Actriz venerada. Gran tráxica. Amante do risco. Ousada. Sempre a contracorrente. Exiliada xenerosa coa comunidade que a acolle, sábese parte da comunidade de “parruliños feos”, como ela di, que se desprazan polo planeta na procura do seu lugar.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events