VIALIA
bannerPicnicSesions

EXTRA!

17mai12:00EXTRA!PEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O Museo do Mar de Galicia organiza entre o 15 e o 17 de maio unhas actividades especiais polo Día das Letras Galegas.
Todas as actividades son de balde e requiren reserva previa. A reserva farase a través do correo info.museodomar@xunta.es, indicando o nome da persoa que fai a reserva e dos acompañantes, un teléfono de contacto e a idade dos menores acompañantes. Máximo 4 persoas por reserva, excepto familias numerosas.

EXTRA!
Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables protagonizan este orixinal espectáculo baseado no libro-cd ‘Extra!’, de Paco Nogueiras e editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Convida a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En ‘EXTRA!’ pódese.

Luns 17 ás 12:00 e ás 17:30

Todas as persoas que se acheguen ao museo o 17 de maio atoparán:
– Para todos os públicos: Rebaixa do 50% nalgunhas publicacións do museo
– Para os pequenos da casa: Reparto gratis de libros da colección ‘As miñas primeiras letras galegas’ de Os Bolechas.

PROGRAMACIÓN

  • Sábado 15:
    • Coñecendo as baleas
    • Tesouros do mar
    • Visita guiada ao acuario
  • Domingo 16:
    • A boia lanzatorpedos de Sanjurjo Badía
    • Os faros
    • Visita guiada “A pesca en Galicia”
  • Luns 17:
    • EXTRA!

Máis

Hora

(Luns) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events