
Detalles do eventos
Exposición de textos poéticos de Xela Arias xunto con fotografías de Xulio Gil. Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos
EXPOSICIÓN 'XELA ARIAS. A POESÍA DO RETRATO'
Exposición de textos poéticos de Xela Arias xunto con fotografías de Xulio Gil.
Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora. Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar coas xeracións do século XXI. Desde os seus fascinantes retratos en branco e negro, realizados por Xulio Gil, a súa mirada chea de mocidade e valentía, é capaz de espertar o interese de quen a observa. Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para reconectar a celebración das Letras coa sociedade. Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.
Lugar: Museo Verbum (Avda. de Samil, 17)
Data: Do 13 de setembro ao 29 de outubro
Horario:
- De martes a vernes de 17:00 a 20:00
- Sábados, domingos e festivos de 12:00 a 14:00
Máis

Setembro 13 (Luns) - Outubro 29 (Venres)
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra