REVISTA ABRIL

Exposición 'PequenosInstantes'

24nov19:00Exposición 'PequenosInstantes'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) RioLagares Galería

Detalles do eventos

O vindeiro 24 de novembro, o espazo RioLagares inagura a exposición ‘PequenosInstantes: 16 grandes fotógrafas/os en pequeno formato’.

Consideranse miniaturas aquelas obras de arte que non superan os 100 centímetros cadrados e nesta mostra as obras de maior tamaño son de 54 cm2.

Nunha época na que a arte móvese con grandes artificios, onde importan máis as grandes dimensións das obras e as cantidades masivas de imaxes, ‘PequenosInstantes’ quere recuparar a tradición da arte en miniatura, que comeza cos escribas da época medieval e que obtén a perfección coas miniaturas persas, otomanas e que na última parte do s.XV alcanzou o seu máximo esplendor coa escola flamenca.

En ‘PequenosInstantes’ reúnense as obras de 16 autores que invitan ao espectador a gozar desde a proximidade, mantendo unha aproximación íntima da obra, un diálogo co autor, favorecendo unha maior reflexión na comunicación artística. Nesta exposición participan propostas do máis eclécticas, onde podemos atopar pequenos obxectos habituais das festas populares, que son manipulados para viaxar a través da alma, como propuxera Platón; unha instalación de fotografías suspendidas no aire; obras que nos falan da viaxe, da noite; pequenas abstraccións da figura humana e de obxectos cotiás descontextualizados nunha obra fotográfica.

Os artistas participantes son: María Arias, Cris Bree, Raquel Calviño, Roberto de la Torre, Thibaud Dupuy, Ana Fresco, Antonio Gutiérrez, Rafael Juliana, Manuela Mateo-Morales, Sandra Mg, Paula Pez, Sara Priego, Aarón Sio, Gore Vázquez, Iria Vázquez e Miguel Vidal. Todos eles son fotógrafos cunha longa traxectoria e das máis diversas facetas, desde fotografía social, ao xornalismo, pasando pola fotografía artística ou deportiva.

Xoves 24 ás 19:00

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Localización

RioLagares Galería

67PC+2F Vigo

Other Events