REVISTA ABRIL

Exposición 'O neto do homem mais sábio'

21out19:00Exposición 'O neto do homem mais sábio'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

O venres 21 de outubro ás 19:00h terá lugar no Centro Camões a inauguración da exposición de ilustracións da Banda Deseñada ‘O Neto do Homem mais Sábio’, de Tomás Guerrero. A inauguración contará coa presentación das composicións por parte do propio autor, seguida dunha conversa co público.

SINOPSE
Nestas páxinas que conforman O neto do home máis sabio, as creacións procuran que o deseño sexa dalgunha forma impecável na súa naturalidade, encavalitado entre a ilustración e a banda deseñada. Con composicións dunha soa páxina, narrativamente singulares, practicamente sen límite de vinheta, talvez algo más complexas de comprender, mais cun resultado máis visual, dun realismo belo e cru no corpo da folla até á fricción da abstracción xerada polo trazo e pola trama, profunda, cun universo interior propio e moi persoal.

TOMÁS GUERRERO
Ilustrador, guionista e animador de personaxes.Realizou animacións e ilustracións para filmes, series, documentais e videojogos en departamentos de Arte. As súas ilustracións teñen constituído un soporte gráfico para investigadores, axencias de publicidade, produtores e outros. Publicou cinco novelas gráficas: A deserción de Stalin (2015), Tanta Paz Leves… (2019), O neto do home máis sabio (2020), O misterio das pintadas invisibles (2022) e Arrepío (2022), para alén doutras tres obras en proceso de realización. Expuxo a súa obra na SIAC da Guarda (Portugal, 2021) e na Biblioteca Ary dos Santos (Portugal, 2022).Actualmente, compagina o seu traballo de animación, ilustración e banda deseñada con a
docência nunha escola de arte en Santiago de Compostela.

Esta actividade está integrada nas conmemoracións do centenario de nacemento do escritor portugués José Saramago (1922-2022)

Máis