REVISTA ABRIL

Exposición Guillermo Monroy

17nov20:00Exposición Guillermo MonroyARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+01:00) SIRVENT

Detalles do eventos

Coincidindo co corenta aniversario do seu prematuro e infortunado falecemento, presentamos unha selección de obras, na súa gran maioría inéditas, que forman parte do legado familiar. Unha produción artística única e irrepetible: nunha década de intenso traballo e dedicación plena á pintura, Monroy desenvolveu un proxecto artístico de inusitada madurez e coherencia, que parece desmentir a extremada mocidade do seu artífice.

Guillermo Monroy (Vigo, 1954-1982) foi un daqueles novos artistas que ao iniciarse a década dos 80 constituíron o grupo Atlántica, historia viva e núcleo fundacional do movemento que propiciou a máis radical renovación das prácticas artísticas. Unha historia ante a que Guillermo permanecerá xa eternamente nova, tras o seu prematuro falecemento en 1982, antes de chegar a cumprir os trinta anos.

Guillermo Monroy é un artista fundamental dentro da historia máis recente da arte contemporáneo na nosa comunidade, historia viva que é necesario coidar e preservar. Así esta exposición preséntase como exercicio de memoria e chamada de atención sobre unha produción artístico de extraordinaria calidade, que xa forma parte indisoluble do noso imaxinario colectivo.

A inauguración contará coa presenza de Flor Monroy, irmá do artista e albacea do seu legado.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

SIRVENT

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events