REVISTA ABRIL

Exposición Graça Morais e José Saramago: a arte de pensar O ano de 1993

18out(out 18)18:3029(out 29)20:00Exposición Graça Morais e José Saramago: a arte de pensar O ano de 1993ARTE E MUSEOS | De balde18:30 - 20:00 (29)(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de José Saramago (1922-2010), terá lugar na Sede Afundación Vigo do 18 ao 29 de outubro, a exposición GRAÇA MORAIS E JOSÉ SARAMAGO: A ARTE DE PENSAR O ANO DE 1993.

Comisariada por Burghard Baltrusch (CJS-UVigo), Egídia Souto (Sorbonne Nouvelle) e Joana Baião (IPB/LAM), a mostra aborda a amizade e o fértil encontro entre o escritor e a coñecida pintora trasmontana Graça Morais (n. 1948), do cal dan testemuño o traballos expostos, por primeira vez en reproducións de grande calidade.

Trátase dos deseños concibidos pola artista para a segunda edición, esgotada hai moito tempo, do libro O Ano de 1993, un poema filosófico sobre a guerra e as ditaduras, que alude á Revolución dos Caraveis en Portugal. Tamén se mostrará un retrato do escritor, inédito, executado pola artista despois do seu falecemento. En 1987 José Saramago desafiou a Graça Morais a idear os deseños que virían ser publicados nesa segunda edición do libro, estimulando así un encontro entre os mundos da escrita e da pintura. Saramago quixo que, na publicación, o nome da artista aparecese en pé de igualdade co seu.

A exposición recorda esta confluencia poética entre a palabra escrita e a imaxe, entre dúas grandes personalidades cuxas obras fecundas teñen o poder de nos interpelar.

A inauguración realizarase no día 18 de outubro, ás 18:30h, na Sala de Exposicións II da Sede Afundación Vigo (Velázquez Moreno, 18; entrada Naturnova).

Máis

Hora

18 (Martes) 18:30 - 29 (Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events