
Detalles do eventos
(Paisaxe e memoria) Quería falar dos meus pais () e rematei contruíndo o recordo dunha paisaxe propia nunca vivida. Unha imaxe secuestrou o
Detalles do eventos
(Paisaxe e memoria)
Quería falar dos meus pais () e rematei contruíndo o recordo dunha paisaxe propia nunca vivida.
Unha imaxe secuestrou o meu camiño (cruzou, atravesou – Unha fotografía de Manuel Ferrol, un pai co seu fillo despedíndose na emigración) e non tiven máis remedio que deixarme á deriva para acabar sendo eu mesmo.
Sei que esas paisaxes (non vividas) xa forman parte da miña memoria e a partir de agora evocarán novas escenas (novos escenarios, as escenas xorden nel). Porque toda acción produce unha pegada no camiño onde se acumula o po do tiempo que nos condiciona. (Non é a acción nin a pegada a que condiciona a nosa vida, se non o que nela se deposita).
Alejandro Novoa 2022
Cando a memoria empeza mañá
O recordo constrúese a partir do que está a suceder agora. Porén cando ese agora non ten posibilidade de ser máis no tempo, a imaxe dilúese pouco a pouco ata desaparecer. É entón cando o retrato parece manternos vivos. Estou a falar da morte. Javier. Silvia. Otilia. Usando as palabras dun amigo: “mis padres también murieron. Ahora los dos somos huérfanos ya”. O último retrato dos meus antepasados é tamén o primeiro retrato deles, no momento no que empeza a desfiguración.
Xabier Fernández
Exposición: Paisaxe e memoria
Artistas: Alejandro Novoa ey Xabier Fernández
Inauguración: Xoves, 2 de xuño de 2022 ás19.30 en CUBO
Duración: 2 de xuño a 24 de xuño de 2022.
Horario de visitas: De luns a venres, de 18.00 a 20.00
Tamén en horas concertadas.
Máis
Hora
2 xuño, 2022 18:00 - 24 xuño, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Cubo Vigo
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual