REVISTA ABRIL

Expo 'Arte confinada'

22abr(abr 22)19:0020mai(mai 20)20:30Expo 'Arte confinada'ARTE E MUSEOS | De balde19:00 - (maio 20) 20:30(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Exposición ‘Arte confinada’na Sala de Exposicións do EMAO, estará dispoñible do venres 22 de abril ao 20 de maio.

HORARIO: De luns a venres de 19 a 21h

PRODUCIÓN E MONTAXE: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo
COMISARIADO: Federico Fernández, Rosa García e Darío A. Basso, mestres das especialidades de Debuxo, Talla e escultura en madeira e Pintura da EMAO, respectivamente.
CARTAZ: Federico Fernández, sobre unha escultura de Rosa García.

No mes de marzo de 2020, o anuncio de medidas extraordinarias contra a pandemia COVID-19 colleu á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo en plena actividade. Para evitar a perda de contacto co profesorado e a actividade escolar, púxéronse en marcha algunhas medidas de comunicación e relación non presencial, co uso dos medios ao noso alcance.
É neste contexto no que se producen distintas propostas docentes de realización de exercicios estructurados na casa, que servisen tanto para non perder o contacto, como para que a arte, a artesanía e a creatividade se convertisen nun acompañante fidel do noso alumnado naquelas insólitas horas de encerramento nas casas.

Dous anos despois, reúnese nesta exposición parte das creacións do alumnado durante o período de confinamento, entendido este tamén no senso amplo da resposta persoal e artística á pandemia por parte das persoas matriculadas na nosa Escola. Participan, con obras seleccionadas, as especialidades de Debuxo artístico, Pintura, Deseño e encaixe de Palillos, Talla e escultura en madeira, Serigrafía artística e Ourivería da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Máis

Hora

Abril 22 (Venres) 19:00 - Maio 20 (Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events