
16xul23:00EXPERIENCIA STARLIGHT ACTIVIDADES PARA O COCO | 24,00€23:00 Peirao do Náutico
Detalles do eventos
Esta fin de semana Navieira Mar de Ons ofrece dúas experiencias nocturnas coas que gozar a bordo nas augas da ría de Vigo. Este sábado 16 de xullo
EXPERIENCIA STARLIGHT
Esta fin de semana Navieira Mar de Ons ofrece dúas experiencias nocturnas coas que gozar a bordo nas augas da ría de Vigo. Este sábado 16 de xullo terá lugar unha nova Experiencia Starlight e o domingo 17, o servizo especial para observar os Fogos de Bouzas desde o mar. Na experiencia Starlight, un guía astrónomo acompañará aos asistentes e comentará as particularidades das diferentes constelacións do ceo de verán onde poderán gozar da espectacular saída da Lúa flanqueada por Xúpiter e Saturno e onde non faltarán as anécdotas e curiosidades. A duración total do servizo é de tres horas aproximadamente. O barco parte desde o porto de Cangas ás 22.30 horas e desde o de Vigo ás 23.00 horas. Estas actividades nocturnas están a ter moi boa acollida, polo que desde Navieira Mar de Ons lembra que as prazas son limitadas e débese reservar con moita antelación xa que esta alternativa de lecer diferente onde o ceo é o protagonista e navegar de noite é o plan perfecto para todos os públicos.
Máis

(Sábado) 23:00
Peirao do Náutico
As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra