VIALIA
bannerPicnicSesions

Experiencia Starlight

28mai23:00Experiencia StarlightACTIVIDADES PARA O COCO | 24,00€23:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

O sábado 28 de maio, Navieira Mar de Ons organiza unha nova Experiencia Starlight desde os portos de Cangas e Vigo para observas as constelacións de primavera desde o mar na contorna das illas Cíes. Este arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas está certificado como Destino Turístico Starlight e contan con Selo Observer debido a que a súa contorna permite a observación dos ceos en todo o seu esplendor lumínico. “Estas experiencias nocturnas desde a bordo sempre teñen moi boa acollida. As Experiencias Starlight pódense gozar en calquera época do ano e contemplar o firmamento coas peculiaridades que presenta nas diferentes tempadas e que cada vez cobran máis interese para todos os públicos”, apunta Silvia Torres, responsable comercial de Navieira Mar de Ons.

Un guía astrónomo acompañará aos participantes nesta nova experiencia e comentará aos asistentes as particularidades das diferentes constelacións de primavera onde non faltarán as anécdotas e curiosidades. A duración total do servizo é de tres horas aproximadamente. O barco parte desde o porto de Cangas ás 22.30 horas e desde o de Vigo ás 23.00 horas.

A tarifa para adultos é de 24 euros e a Tarifa para nenos de ata 12 anos é de 10 euros. Os nenos menores de 3 anos viaxarán con billete sen cargo.

Máis

Hora

(Sábado) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events