VIALIA
bannerPicnicSesions

Experiencia Starlight

22ago23:00Experiencia StarlightACTIVIDADES PARA O COCO| 20,00 €23:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

Este sábado 21 e domingo 22 de agosto pola noite, Naviera Mar de Ons organiza unha nova Experiencia Starlight na que a lúa será a auténtica protagonista. Tras o éxito destas actividades nocturnas, a navieira propón unha noite temática na que, da man dun astrónomo, poderanse coñecer algunhas das curiosidades do satélite da terra como a súa formación, a relevancia que ten para o noso planeta e a importancia e aplicacións dos seus ciclos para diferentes civilizacións ao longo da historia.

As saídas para poder gozar desta actividade nocturna realizaranse desde o Porto de Cangas ás 22.30 horas e desde o de Vigo ás 23.00 horas, ambos os días, e a duración total do servizo é de tres horas aproximadamente.

Desde Naviera Mar de Ons adoptáronse todas as medidas de seguridade e hixiene a bordo das embarcacións para garantir a saúde de viaxeiros e traballadores. Incrementáronse os labores de limpeza e desinfección a bordo dos barcos. E lembran o uso obrigatorio de máscaras a bordo.

O prezo da actividade é de 20 € para adultos, 10 € para nenos ata 12 anos e gratuíta para os menores de 3 anos.

Máis

Hora

(Domingo) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events