REVISTA ABRIL

Experiencia Starlight

30xul23:0002:00Experiencia StarlightACTIVIDADES PARA O COCO| Prezos varios23:00 - 02:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

Este venres 30 de xullo pola noite, Navieira Mar de Ons poñerá de novo rumbo a augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para que todos os interesados poidan vivir a bordo unha Experiencia Starlight. As Illas Cíes están certificadas como ‘Destino Turístico Starlight’ e contan con ‘Selo Observer’. É por iso que a súa contorna é o lugar elixido para gozar do ceo estrelado. Un guía astrónomo acompañará aos participantes e explicará as particularidades das diferentes constelacións que se poidan observar durante a travesía. A noite do próximo venres, Navieira Mar de Ons organizará unha saída desde o Porto de Cangas ás 22.30 horas e outra desde o de Vigo ás 23.00 horas, a duración total do servizo é de tres horas aproximadamente.

A Navieira Mar de Ons adopta todas as medidas de seguridade e hixiene a bordo das embarcacións para garantizar a saúde dos viaxeiros e traballadores. Incrementáronse todas as labores de limpeza e desinfección a bordo dos barcos. Recordan tamén o uso obligatorio das mascarillas.

Máis

Hora

(Venres) 23:00 - 02:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events