VIALIA
bannerPicnicSesions

Ex er actor con Arantxa de Juan

15out(out 15)10:0017(out 17)20:00Ex er actor con Arantxa de JuanACTIVIDADES PARA O COCO | -10:00 - 20:00 (17)(GMT+02:00) ActuARTE

Detalles do eventos

A traxectoria de Arantxa de Juan vén marcada polo seu paso con continuidade en diferentes series:  “A las 11 en casa”, “Agitación +IVA”, “La pecera de Eva”, “Amar en tiempos revueltos”, “Señor Alcalde”, “Mercado Central”,etc. Ademais de participar en producións internacionais para a BBC e a RAI.

Os seus inicios no teatro estiveron marcados polo seu éxito como parte do trío cómico “Las Veneno” e posteriormente con obras como “La importancia de llamarse Ernesto” o “La Ratonera”. En 2017 creou “ Magnani Aperta”, un espectáculo sobre a vida de Anna Magnani, gran fenómeno do OFF teatral de Madrid, do que era autora, produtora, directora e actriz e que estivo 4 tempadas en carteleira, ata a chegada do COVID.

O seu papel de muller trans en “Todos Cambiamos” (2019) recibiu numerosos galardóns: New York Cinematography Film Awards, Hollywood Gold Awards, Los Angeles Film Awards entre outros.

A súa traxectoria está intimamente ligada con Nova York, onde estudou interpretación e onde estivo vivindo os últimos anos, estudando coa coach Susan Batson. Actualmente é a única docente do training de Susan Batson en España con continuidade. Imparte as súas clases na Central de Cinema de Madrid.

As clases de Ex er actor son as portas para o proceso do método de Susan Batson ( coach de Nicole Kidman, Juliette Binoche, Tom Cruise, entre outros).

Venres 15, sábado 16 e domingo 17 de outubro Consulta prezos en actuarteespaciocreativo@gmail.com . Para realizar a reserva, envía un mail cos teus datos, cv e foto actual de primeiro plano.

Máis

Hora

15 (Venres) 10:00 - 17 (Domingo) 20:00(GMT+02:00)

Localización

ActuARTE

Rúa de Joaquín Lóriga, 24. Bajo 36203 Vigo

Other Events