‘Esto NO es una galería de arte’
Detalles do eventos
A partir da tese de que a galería de arte é percibida por moitos como un lugar, dalgunha maneira, inaccesible, mesmo tabú. Un ou unha pode observar desde
Detalles do eventos
A partir da tese de que a galería de arte é percibida por moitos como un lugar, dalgunha maneira, inaccesible, mesmo tabú. Un ou unha pode observar desde o exterior aquilo que está colgado no interior pero para moitos se fai difícil traspasar o limiar e entrar a contemplar as obras colgadas nas paredes, cando precisamente leste é un dos obxectivos das galerías: mostrar a arte.
O obxectivo do experimento é ceder a particulares as imaxes impresas que hai no espazo, e mesmo as que aínda non están, durante tres meses sen condicións. Calquera pode acoller unha desas imaxe na súa casa, só ten que pedilo. Esas imaxes son impresións en alta calidade dos traballos dixitais realizados por Alfons Freire neste último ano. A disposición dos traballos no espazo non é expositivo. As teas amontóanse sen orde nin concerto polo espazo, algunhas aínda embaladas, listas para marcharse. Outras, aínda nun catálogo dixital, esperando a que alguén solicite a súa impresión e poidan nacer ao mundo das cousas e traspasar os límites da pantalla dixital.
Podes ler aquí o artigo que fixemos sobre esta exposición. O local estará aberto de 18:00 a 20:00.
Máis
Hora
23 outubro, 2020 18:00 - 30 novembro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
Cubo Vigo
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes