
Detalles do eventos
Un total de 26 compañías de arte escénica de todo o mundo participan entre o 15 e o 21 de maio no XXIV Festival Internacional de Títeres de
Festival Internacional de Títeres de Redondela
Un total de 26 compañías de arte escénica de todo o mundo participan entre o 15 e o 21 de maio no XXIV Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo). No certame participan compañías que veñen de países e rexións como Estados Unidos, Brasil, Francia, Italia, Bélxica, Cataluña, Madrid, Murcia ou Andalucía. Como é habitual tamén haberá unha ampla representación galega conTanxarina Títeres, Cachirulo Títeres, Spaguetti Títeres y Títeres Alakrán.
Colgado dun fío, do italiano Dei Filipo Marionettes; Animación suspendida, do estadounidense Huber Marionetes; Fíos máxicos, do portugués Rui Sousa, e como non, o clásico Titiricircus dos redondelanos Tanxarina Monicreques; están considerados dos mellores espectáculos de fíos do mundo.
Ao igual que nas pasadas edicións, o festival conta cunha programación de salas, para a que é necesario comprar entrada na billeteira situada no exterior do Multiusos da Xunqueira e actuacións de rúa, en nove escenarios repartidos pola vila: Alameda, Praza da Constitución, Salgueiral, Casa da Torre, pistas de petanca e Praza de Ponteareas.
Este ano o festival rende homenaxe á histórica compañía galega Trécola con motivo do seu 40 aniversario, cunha exposición das marionetas e monicreques de toda a súa traxectoria artística nos escaparates dos establecementos comerciais do centro da vila.
Nesta ligazón pódese consultar a programación completa do festival e nesta outra o libreto con información sobre cada unha das funcións que se representarán.
As funcións de sala teñen un prezo único de 6,00 € e o teatro de rúa é de acceso libre e gratuíto.
Máis

maio 16 (Martes) - 21 (Domingo)
Redondela
Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra