REVISTA ABRIL

'Espíritu', de Santi Rodríguez

26nov20:00'Espíritu', de Santi RodríguezESPECTÁCULOS | Desde 16,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O actor e cómico Santi Rodríguez estará no Teatro Afundación presentando o seu espectáculo ‘Espíritu’.

SINOPSE
Hai vida despois da morte? É moi caro? Hai veciños? Que me poño?

ESPÍRITU é un espectáculo teatral que non está baseado en feitos reais, pero case. Santi Rodríguez estivo xa varias veces a puntiño de ‘cruzar alén’ así que, polo si ou polo non, xa ten a mudanza preparada. Ademais, está empeñado en demostrarnos que está ben rirse cando temos medo, pero que nunca hai que terlle medo á risa. Porque, se nesta vida as cousas non son fáciles, imaxínache cando apenas sexas un ESPÍRITU.

Un espectáculo que nos mostra que todo o que esperamos ou tememos atoparnos alén é sorprendentemente divertido. Un espectáculo que vai máis aló da comedia, porque é comedia do “máis aló”. Humor doutra dimensión.

Sábado 26 ás 20:00

Entradas á venda en www.ataquilla.com

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events