REVISTA ABRIL

ESPIRAL DE LETRAS

17mai11:0013:45ESPIRAL DE LETRASPEQUERRECHOS | De balde11:00 - 13:45(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

O MARCO ofrece un obradoiro especial polo Día das letras galegas para público infantil, que terá lugar nas salas de exposición e no Espazo Anexo (praza peonil posterior).

Que son as letras? Cantas coñecemos? Cal é a súa forma? Cal é o seu nome en galego?

Tomando como punto de partida algunhas das obras do artista Alfredo Alcain –un gran afeccionado ás letras– esta actividade ten ás propias letras como protagonistas. Ordenadas ou caóticas, brancas ou cromáticas, sinuosas ou xeométricas, agochadas ou presentes… e cada unha coa súa propia natureza e personalidade.

Mediante xogos visuais, compositivos e de cor, darémoslle forma a unha imaxe en espiral, comezando pola inicial do noso nome e continuando con tantas outras que ben coñecemos…

Horario:

De 3 a 6 anos: de 11.00 a 12.15

De 7 a 12 anos: de 12.15 a 13.45

Gratuíto. Prazas limitadas. Previa INSCRICIÓN en recepcion.marco@gmail.com

Máis

Hora

(Martes) 11:00 - 13:45(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events