
Esmorga Literaria 3
Detalles do eventos
Horario: de 16 a 21 horas, de xeito ininterrompido 16-17 Diego Alfonsín; 17-18 María Xosé Porteiro; 18-19 Fran Fernández Davila; 19-20Manolo Veiga;
Detalles do eventos
Horario: de 16 a 21 horas, de xeito ininterrompido
16-17 Diego Alfonsín; 17-18 María Xosé Porteiro; 18-19 Fran Fernández Davila; 19-20
Manolo Veiga; 20-21 Anxos Sumai.
O obxectivo é triplo. Por unha banda, dar a coñecer as obras máis recentes ou os traballos en elaboración (work in progress) dos convidados. En Galiza non hai tradición de lectura de prosa, mais noutros sistemas literarios si existe. En segundo lugar, dar oportunidade os lectores de ter unha charla cos seus autores favoritos, o que poucas veces acontece. Por outra banda, dar a coñecer o espazo cultural RioLagares a quen non o teña visitado aínda.
Cada autor terá unha quenda dunha hora. Nesa hora asignada, cadaquén lerá aqueles fragmentos que lle reinen, será brevemente entrevistado e terá un tempo para falar cos presentes e/ou contestar eventuais preguntas do público. Poderá, por descontado, ficar o tempo que lle pareza oportuno, para escoitar e debater cos outros convidados.
Máis
Hora
3 xuño, 2024 16:00 - 21:00(GMT+01:00)
Localización
RioLagares
67PC+2F Vigo
- Mes actual
Séguenos nas redes