COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Escape Room tío Fedento

28set20:00Escape Room tío FedentoACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Puro Delirio

Detalles do eventos

Puro Delirio estrea nova decoración inspirada na Familia Adams, acompañado dunha nova aventura de escape room teatralizado e temático.

Fétido Adams está de aniversarios e organiza a súa gran festa en Puro Delirio onde convidou ás criaturas máis estrañas da cidade para pasar un intre tan surrealista como inesquecible. Os festexos prologaranse durante todo o mes coas seguintes actividades:

Xoves 7 e 21 – Cea a cegas, dúas quendas (20h e 22h) máximo 10 persoas por quenda. Menú secreto con maridaxe incluída. 35€/comensal.

Xoves 14 e 28 – Escape room, dúas quendas (20h e 22h) equipos de 2 a 6 xogadores. 10€ con consumición incluída.

Venres 8, 15, 22 e 29 – Festa de aniversarios de tío Fedento, cea temática con menú pechado con barra libre, actores interactuando e escape room dramatizado 35€/persoa.

Os sábados o local estará dispoñible para gozar da decoración e cos nosos menús especiais para grupos con barra libre incluída e desconto en copas. Así mesmo calquera persoa interesada en organizar un escape room temático por encargo pode solicitar orzamento e poden organizarse os sábados ao mediodía con opción a discoteca de tarde. Consultar cos responsables por teléfono ou Instagram.

Máis

Hora

28 setembro, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Puro Delirio

Rúa Teófilo Llorente, 43 - 45, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events