REVISTA OUTUBRO

O programa 'Orixes' continúa co Ensemble da Orquestra Vigo 430

24feb20:00O programa 'Orixes' continúa co Ensemble da Orquestra Vigo 430CONCERTOS | Desde 8,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Tras o interludio barroco do pasado concerto de xaneiro, a programación da tempada 2023/24 da Orquestra Vigo 430 «Orixes» dá paso ao repertorio de Música de Cámara, co concerto que levará a cabo no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo o próximo 24 de febreiro ás 20:00 h. Neste programa, a violonchelista Ariadna Chmelik, acompañado polo pianista Dominic Chamot, transportarannos ás profundidades emocionais da Sonata para Violoncelo e Piano de Rachmaninov. Esta peza está moi emparentada co soado concerto para piano no. 2 do mesmo autor, e iso nótase en que o piano dista moito de ser un mero acompañante e comparte o protagonismo co violoncelo.

Da mesma forma que no concerto de piano, o seu carácter está impregnado dunha gran expresividade e melancolía. A esta sonata seguiralle o monumental Quinteto con Piano de Cesar Franck, con María Florea como primeiro violín do Ensemble Vigo 430. Esta obra, coñecida pola súa apaixonante intensidade e rica complexidade anuncia a que sería a eclosión da música nacional francesa. Debussy dixo deste quinteto que representaba «a verdadeira música» Neste concerto gozaremos ademais coa proxección simultánea de obras pictóricas contemporáneas de cada unha das composicións seleccionadas pola especialista en artes gráficas e Doutora en Belas Artes Marta Rise.

Entradas

Máis

Hora

24 febreiro, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events