Concerto Secreto

03novTodo o díaConcerto SecretoCONCERTOS | 15,00€(Todo o día: xoves)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Sofar Souns organiza unha nova cita coa música en directo en Vigo, o próximo 3 de novembro. Neste novo coNcerto secreto participarán tres artistas, nun espacio único no centro da cidade. Este luns saen as entradas á venda nesta ligazón.

As persoas asistentes aos eventos de Sofar Sounds compran as súas entradas a cegas. É parte da experiencia, adquírense as localidades sen saber onde se vai a celebrar o concerto, nin que artistas participarán nel. O único que se coñece de antemán, ademais da data, é a hora e a localización aproximada, para que o espectador poida organizarse. 36 horas antes do evento, recibirá unha mensaxe coa dirección exacta na que se celebrará. A dirección non será a dunha sala de concertos, nin a dun auditorio. Sofar Sounds celebra os seus eventos en todo tipo de localizacións inusuais; concertos en igrexas, vivendas privadas, locais comerciais, espazos culturais, almacéns… Calquera sitio é bo para conectar coa música de preto, e niso consiste a experiencia.

Unha vez alí, os asistentes acomódanse nas súas localizacións e prepáranse para deleitarse co directo. Nese momento irán descubrindo aos artistas e gozando de cada unha das actuacións durante aproximadamente 25 minutos. Cada evento conta coa participación de tres artistas seleccionados por Sofar Sounds, polo que a calidade está asegurada.

Máis

Hora

Todo o día (Xoves)(GMT+01:00)