
Detalles do eventos
Unha selección de pezas de deseño contemporáneo producidas por algúns dos máis relevantes creadores galegos ou que desenvolven os seus traballos na nosa comunidade: Tomás Alonso, Arturo Álvarez,
Detalles do eventos
Unha selección de pezas de deseño contemporáneo producidas por algúns dos máis relevantes creadores galegos ou que desenvolven os seus traballos na nosa comunidade: Tomás Alonso, Arturo Álvarez, Miguel Leiro, Lago & Monroy, León López de la Osa e Isaac Piñeiro.
Nas fronteiras sempre permeables entre arte e deseño móvense estes creadores, fortes personalidades individuais que, agrupados aquí nesta exposición, móstransenos como vivo testemuño do talento de toda unha comunidade. En SVT Espazo de Arte presentan con “EMPEZAR LA CASA POR LA VENTANA”. un conxunto de obras que poñen de manifesto a riqueza e a vivacidade dese talento, e lémbrannos tamén a enorme importancia de preservar o patrimonio simbólico e o tecido creativo que permite a unha sociedade definir o seu propio lugar no mundo. Pensar os problemas de forma diferente para chegar a solucións innovadoras, darlle a volta aos tópicos e as frases feitas, abrir vans, definir os muros pola súa ausencia, buscar a luz, levar a paisaxe ao salón e resaltar a importancia da contorna: “EMPEZAR LA CASA POR LA VENTANA”.
A hora de apertura da inauguración adiantarase ás 19.00 h, e prolongarase ata as 21,15 h, para que se poida acceder de forma graduada.
Máis
Hora
17 decembro, 2020 19:00 - 21:15(GMT-11:00)
Localización
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra