VIALIA
bannerPicnicSesions

'Emocións en perigo' de Tim Flach

08feb(feb 8)11:0015abr(abr 15)20:30'Emocións en perigo' de Tim FlachARTE E MUSEOS | De balde(febreiro 8) 11:00 - (abril 15) 20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O horario é de Luns a Venres de 17:30 a 20:30 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Chega por primeira vez a España a obra de Tim Flach. O reputado fotógrafo británico achega, do 8 de febreiro ao 15 de abril na sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo, os seus 45 retratos únicos de animais en perigo de extinción para poder empatizar con eles.

Emocións en perigo mostra como o fotógrafo británico quere “conectar as persoas coa natureza”, ademais de romper as barreiras entre a natureza e os seres humanos e apoiar a sostenibilidade, xa que como ben afirma, “o noso futuro depende diso”.

Na exposición, cada retrato acompáñase dunha ficha informativa na que se poden encontrar datos coma o nivel de risco de extinción, ademais do nome científico, a zona xeográfica á que pertencen e unha pequena descrición sobre a súa especie. Como explica Flach, inclúe animais máis icónicos, outros descoñecidos. Pero sinala que moitas destas especies poden protagonizar filmes e libros, ou os seus peluches decorar habitacións de nenos, mentres que a realidade que viven está en perigo de extinción. Tamén resalta a importancia de personificar e contar historias dos animais, para que a empatía sexa o primeiro sentimento que teña o espectador; en moitos dos seus cadros relicte o futuro que nos depara de seguir actuando coma ata agora.

A tecnoloxía xoga un papel importante nesta exposición. Por unha banda conta cunha mesa interactiva na que poñer a proba os coñecementos sobre as especies retratadas. Por otra banda, por medio dun módulo de realidade virtual, os visitantes podeen relacionarse cun animal extinto: o mamut. Con isto, convídanos a reflexionar sobre o futuro: se non coidamos a natureza, chegaremos a ver na realidade virtual animais coma os leóns ou elefantes.

A exposición é parte do programa Cultura por alimentos de Afundación, polo que os visitantes poderán acudir con alimentos non perecedoiros e depositalos na entrada para ser doados ao Banco de Alimentos.

Máis

Hora

Febreiro 8 (Mércores) 11:00 - Abril 15 (Sábado) 20:30(GMT+01:00)