EL VIENTO ES SALVAJE (FEDRA Y MEDEA EN CÁDIZ)

28out20:00EL VIENTO ES SALVAJE (FEDRA Y MEDEA EN CÁDIZ)ESPECTÁCULOS | 12,00€20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

VENRES 28 E SÁBADO 29 DE OUTUBRO · 20:00 HORAS – EL VIENTO ES SALVAJE (FEDRA Y MEDEA EN CÁDIZ) – Las Niñas de Cádiz

Xénero: teatro contemporáneo
Autoría, escenografía, deseño de son e coreografía: Ana López Segovia
Deseño de iluminación: Agustín Maza
Vestiario: Miguel Ángel Milán
Música: Mariano Marín
Elenco artístico: Alejandra López, Teresa Quintero, Ana López e Rocío Segovia

· Premio MAX Mellor Espectáculo Revelación 2020
· Premio do Público Festival da Garnacha, Haro, 2020
· Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro Festivo e Comico de Cangas do Morrazo, 2021
· Premio do Público do Festival de Teatro Vegas Bajas 2021
· Premio Ángeles Rubio
· Premio Argüelles, outorgado polo Festival de Teatro de Málaga e o Teatro Cervantes, 2022

Dúas amigas. Tan amigas que son irmás. Só unha sombra sobre a súa amizade: “Mentres que unha crecía confiada mimada pola vida e alegre, a outra sentíase desgraciada..”. Despoxamos a Fedra e a Medea dos seus peplos e traémolas ata os nosos días, converténdoas en seres aparentemente grises. Só cando xurda o conflito asumirán de pronto unha fatalidade antiga, baixo cuxa influencia arrasarán con canto se interpoña no seu camiño. De fondo, Cádiz, unha cidade de perfil macondiano, onde todos os elementos cotiáns adquiren unha dimensión máxica que presaxia a traxedia: o perturbador vento de levante, anunciado pola frauta do afiador e pola presenza do circo nas aforas da cidade, o canto dos paxaros, o coro da veciñanza…
Unha traxedia atravesada de punta a punta pola risa. A herdanza da terra da que veñen e á que sempre volven, Cádiz, onde aprenderon que en toda historia terrible hai un paradoxo que pode levar á comedia; e, ao contrario, en todo
arranque de humor, hai sempre un fondo tráxico.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events