El nido del sonido

26out11:00El nido del sonidoPEQUERRECHOS | De balde11:00(GMT+02:00) Escola de Danza Esséns

Detalles do eventos

Katerina Linke estará o día 26 de outubro na escola de danza Esséns para facer dous obradoiros gratuitos como presentación do seu curso de música para bebés ‘El nido del sonido’.

As actividades que se farán no obradoiro son cantar cancións para estimular a comunicación e linguaxe, realizar xogos musicais para a motricidade fina e grosa; escoitar música, ritmos e silencios; coñecer e tocar diferentes instrumentos musicais; crear son co corpo; escoitar contos musicais; rir e pasalo moi ben.

Katerina Linke ven dunha familia onde a súa nai é coreógrafa e o seu pai músico; isto supuxo que dende moi pequena vivira rodeada de música e danza. Os seus pais son profesores recoñecidos en Rusia, autores de varios métodos de educación musical para os pequenos, e foron quen iniciaron a Katerina a traballar con eles nas escolas dende os 15 anos.
Depois Katerina acabou a carreira de piano e seguiu un camiño de intérprete e compositora, ao mesmo tempo traballando como profesora con nenos dende os 3 anos ata xente adulta. Durante estes anos non parou de estudiar en cursos e masterclasses, viaxar, asimilar as mellores ideas de músicos de diferentes países. A idea de traballar cos bebés xurdiu coa súa maternidade, o que lle dá moita alegría e a seguridade de que a música é esencial para o desenvolvemento dos pequenos.
Considera que a súa maior ventaxa é a creatividade e a posibilidade de extraer e mesturar as mellores tendencias de varias culturas, o que convirte os contidos do seu curso en potentes e únicos.

Mércores 26 ás 11:00 e ás 17:00

Idades: bebés de 0-3 anos acompañados por un adulto

Duración: 40 min.

Inscrición gratuíta previa necesaria, no teléfono 664 25 09 35

Máis

Hora

(Mércores) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Escola de Danza Esséns

Rúa das Teixugueiras, 36, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events