REVISTA ABRIL

"El lugar donde todo empezó" de Andrea López

03nov19:30"El lugar donde todo empezó" de Andrea LópezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Andrea López presentará a súa nova novela “El lugar donde todo empezó” mañá venres 4 de novembro ás 19.30 horas na librería do Corte Inglés de Vigo.

Lola é decoradora de interiores; unha moza risueña e alegre que goza dunha vida sen sobresaltos, tranquila e apracible.

David é capitán no exército de Estados Unidos e está afeito ao perigo e a acción.

Dous descoñecidos que non poderían ser máis distintos unidos por un obxectivo común: cumprir a última vontade de alguén moi especial para os dous.

Para logralo, veranse empuxados a aparcar as vidas que coñecen e emprender un camiño para o que ningún deles está preparado.

Unha viaxe chea de sorpresas, risas, química, moita complicidade e algúns desencontros durante o que Lola e David deberán comprender que, a pesar de ser polos opostos, só traballando en equipo e apoiándose o un no outro conseguirán atopar aquilo que buscan e chegar ata o final.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events