REVISTA ABRIL

El Jose

24set21:30El JoseCONCERTOS | 17,00 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

El Jose é un proxecto musical que nace no emblemático barrio do Albaycín de Granada no ano 2015 da man do granadino Jose Miguel Romerosa (letrista, voz e guitarra) e Alberto Sapillo (Xaén) ao baixo, e aos que máis tarde se une o tamén jiennense Nano Díaz (batería), Juanma García Navia (Almendralejo) á frauta e os teclados e Julián Suárez (Córdoba, Arxentina) á guitarra eléctrica.

A banda asina cancións de diversos estilos que manteñen a raíz orixinaria da formación cativando coas súas mensaxes e a súa maneira de desenvolverse fronte ao público. Poética e rítmica diversa, sons eclécticos e esencia bohemia flúen de maneira natural e versátil xerando alí onde aparecen unha atmosfera na que teñen cabida emocións de todo tipo

Máis