REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

'El diablo en la playa'

01abr20:00'El diablo en la playa'ESPECTÁCULOS | Desde 12,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

A compañía Matarile Teatro estará presentando a súa obra ‘El diablo en la playa’ do 1 ao 3 de abril, na Sala Ártika.

No principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia. Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro. Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar? O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar. O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido. Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables.

Idade recomendada: +18 anos

Duración: 70 minutos

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events