COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

“EL DÍA QUE FUI JUZGADA”, DE TERESA CHAMORRO 

22set18:00“EL DÍA QUE FUI JUZGADA”, DE TERESA CHAMORRO ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Non lembra nada, a luz moléstalle, o seu corpo está marcado, debilitado, roto? perdido na area dunha praia?hai berros e a situación vólvese caótica nun bulebule de acontecementos que se suceden demasiado rápido: o ladrido dun can, unha voz de alarma que a sinala, as luces dunha ambulancia, todo parece irreal e ameazador. Hai preguntas, rostros e máscaras, nun mundo que deu a volta, as caras transformadas en pantasmas descoñecidas tras unha tea que oculta a metade máis importante da expresión corporal. Cando a néboa mental vaise disipando, descobre que está tombada nunha cama de hospital con dous policías na porta. Hai un asasino solto e ela é a principal sospeitosa? que está a pasar?… que día é hoxe? Hoxe é? o día que foi xulgada.

Teresa Chamorro (Panxón, 1976)

Teresa Chamorro é diplomada en Enfermería e especialista en Enfermería Comunitaria. A súa paixón pola lectura e a escritura vénlle de moi nova, cando escribía pequenos relatos, aínda que nunca compartiu esta afección, ata que comezou a redactar contos para os seus fillos, contos nos que eles eran os protagonistas.

Máis

Hora

22 setembro, 2023 18:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events