El arte de los valientes

26out(out 26)17:3012nov(nov 12)20:30El arte de los valientesARTE E MUSEOS | De balde(outubro 26) 17:30 - (novembro 12) 20:30(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con AGA – Ucraína, acollerá ata o próximo 12 de novembro a mostra «El arte de los valientes», unha selección de pintura contemporánea ucraína. Expoñeranse máis de sesenta obras de pintores ucraínos, a maioría deles residentes en Ucraína, que cederon as súas creacións a AGA – Ucraína para obter fondos destinados a axudar a poboación civil ucraína castigada pola invasión rusa. Tamén se inclúen algunhas pinturas de refuxiados ucraínos residentes temporalmente en Galicia. As pezas poderanse adquirir durante a exposición. Afundación, a Obra Social de ABANCA, vén colaborando con AGA – Ucraína desde o comezo da guerra. Cedeu o uso dunha nave na Coruña para almacén da axuda humanitaria, financiou o transporte de catro tráilers, puxo en marcha campamentos de verán infantís e xuvenís nas súas instalacións e organizou concertos benéficos, entre outras accións.

A mostra poderase contemplar na Sede Afundación Vigo ata o próximo 12 de novembro en horario de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.

Máis

Hora

Outubro 26 (Mércores) 17:30 - Novembro 12 (Sábado) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events