COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Festival de música urbana: Duki, Saiko, Reality e DJ Tony Grox

26agoTodo o díaFestival de música urbana: Duki, Saiko, Reality e DJ Tony GroxFESTIVAIS E FEIRAS | 38,50 €(Todo o día: sábado)(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

A música urbana volve ao peirao de trasatlánticos este verán cun festival que terá lugar o sábado 26 de agosto e no que actuarán Duki, Saiko, Reality e DJ Tony Grox. A Xunta de Galicia repite a fórmula do ano pasado cun evento dirixido ao público máis novo que no verán de 2022 concregou a milleiros de rapaces con actuacións como a de Quevedo. Proximamente, coñeceremos o prezo das entradas e cando saen á venda.

Mauro Ezequiel Lombardo, máis coñecido como Duki, é un dos músicos arxentinos máis escoitados do mundo, conta con máis de 21 millóns de ouvintes mensuais en Spotify, con 12,1 millóns de seguidores en Instagram; 6,8 millóns en YouTube; 3,5 en Twitter e 2,8 millónes en Tiktok. Nado en Bos Aires, este compositor e cantante de trap, nominado en 2020 aos Latin Grammys, iniciou este mes de maio a xira polos Estados Unidos con concertos en Nova York e Miami.

Pola súa banda, Miguel Cantos, Saiko, é unha das novas estrelas da música urbana con éxitos recentes como Supernova, canción coa que conseguiu ser número 1 en España en Spotify. Xunto a el, actuará o produtor e cantante madrileño Reality, tamén encadrado no xénero urbano; e Tony Grox, un produtor e DJ gaditano, que actuou en escenarios de España, Inglaterra, Holanda ou Luxemburgo, ademais de participar en cancións de artistas como Juan Magán, Rosario ou Omar Montes.

Entradas: Dispoñibles en Ticketmaster por 38,50 €

Máis

Hora

26 agosto, 2023 Todo o día(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events