VIALIA
bannerPicnicSesions

Salvaxesons: The Mirror vs. Mad Mission

27mai21:00Salvaxesons: The Mirror vs. Mad MissionCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Cañaveral

Detalles do eventos

Cañaveral acolle os duelos de Salvaxesons, o concurso de bandas celebrado ao abeiro de The Wild Fest.

O concurso de bandas Salvaxesons, organizado polo festival The Wild Fest, chega á súa segunda fase: os duelos de bandas, nos que dez grupos galegos enfrontaranse de dous en dous para pasar á seguinte fase. Os duelos son concertos abertos e gratuítos que se celebran Cañaveral (Porta do Sol, 6) . O gañador de cada sesión serán elixidos a través do voto do público e de dous membros do xurado presentes en cada batalla.

Programa de duelos de Salvaxesons

Todos os concertos son ás 21h en Cañaveral 

Sábado 15 de abril  – The Broke vs. Carla Lourdes

Sábado 22 de abril  – The Riggos vs. Visions of Johanna

Sábado 29 de abril – Sanny vs. The Mob Swing

Sábado 13 de maio – Blue Merrow vs. Another Wasted Year

Sábado 27 de maio – The Mirror vs. Mad Mission

As cinco bandas gañadoras dos duelos recibirán un abono para desfrutar dos tres días de The Wild Fest e pasarán á terceira e última fase de Salvaxesons: unha actuación no escenario principal de The Wild Fest o 23 de xuño onde o xurado decidirá aos tres gañadores. Os premios serán de 600€, 300€ e 100€.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Cañaveral

Praza Porta do Sol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events