
Drink & Draw Vigo 76: edicion Men in black
Detalles do eventos
Drink and Draw é un evento itinerante que se celebra o segundo venres de cada mes nunha localización e cunha temática distinta. Men in Black, a serie de
Detalles do eventos
Drink and Draw é un evento itinerante que se celebra o segundo venres de cada mes nunha localización e cunha temática distinta. Men in Black, a serie de películas baseadas no cómic orixinal de Lowell Cunningham proveñen da lenda urbana de que hai homes de negro encargados de manter en segredo a presenza de seres extraterrestres na Terra. Imaxinádevos un mundo infinito de razas alieníxenas percorrendo o noso planeta e un pequeno grupo de señores trajeados roldando por aí para que non se desenfreo o cotarro. Pois ese é o mundo de Men In Black, o tema deste mes no Dink and Draw Vigo.
Este venres quedamos ás 21:30 no Café de Mario a charlar, debuxar, tomar algo e talvez coñecer ao primo de E. T. Esperemos que non nos neuralicen nin suframos ningunha abdución.
Por motivos sanitarios recomendamos levar máscara, manter medidas de hixiene e manter distancia de seguridade. Por este motivo, no canto de xuntar mesas teremos varias separadas.
Máis
Hora
11 setembro, 2020 21:30 - 22:00(GMT+01:00)
Localización
Café de Mario
Rúa Caracas, 5, 36203 Vigo, Pontevedra